galego
- Ibercon: Celebración conxunta da convención hispana de fantasía e ciencia ficción (Hispacon) e os encontros de ficción científica e fantástico de Portugal, fundidos nun proxecto maior, a xuntanza ibérica do xénero fantástico.
- Cineclube Lumière: Asociación cultural sen ánimo de lucro que ten por fin social a promoción e difusión da cultura cinematográfica. Programa semanalmente películas en versión orixinal subtitulada. Ademáis realiza outras actividades relacionadas co mundo audiovisual, tales como cursos sobre cine ou vídeo, concursos e colaboracións con diversas entidades e organizacións sociais.
- Cinema Friki: Weblog con comentarios sobre películas, series, animación e personaxes da gran pantalla.
- Festival de Cans: Celebrado no Porriño na aldea de Cans. Premia as mellores curtametraxes galegas. Historia, programa, organización e novas.
- Asociación Galega de Productoras Independentes (Agapi): Ofrecen a súa revista dixital quincenalmente para dar a coñece-las noticias que o sector audiovisual xenera na propia comunidade autónoma.
- Galicia Film Commission: Agrupación que tenta promocionar Galicia coma escenario para filmes. Datos de contacto, ligazóns e guía do audiovisual galego.
- Academia Galega do Audiovisual: Ten o propósito de se transformar no espacio común para tódolos profesionais que forman o conxunto audiovisual galego; actores, productores, directores, realizadores, guionistas, músicos, directores de fotografía e decoradores entre outros.
- Curtocircuíto: É un festival de curtametraxes realizado en Santiago de Compostela no que participan curtas de ficción, animación e videocreación do panorama internacional.
- Santiago de Compostela Film Commission: Localizacións exteriores e interiores, rodaxes, publicidade e información sobre o sector audiovisual na cidade.
- O soportal do audiovisual galego - AVG: O obxectivo deste sitio é a creación de mercado para a producción audiovisual galega. Contén novas, reportaxes, información de certames e descargas. Pertence a culturagalega.org.
- Festival de Cine Independente de Ourense: Regulamentos, inscripción, etc. En galego, castelán e inglés.
- Cine Clube Padre Feijoo de Ourense: Programación a actividades.
- Centro Galego de Artes da Imaxe - CGAI: Centro de difusión e documentación das artes da imaxen da Xunta de Galicia. Institución responsable en Galicia da conservación, recuperación e difusión do cine e da fotografía, tanto a nivel histórico como contemporáneo.
|
